Os equipos de Primeira Nacional de Chapela e SAR mídense hoxe no pavillón Manuel González Soto. Un interesante encontro para os amantes do balonmán antes do arranque da temporada. A cita é ás 20.30 horas, con aforo limitado.
Hoxe venres os amantes do balonmán teñen unha cita no Pavillón Manuel González Soto de Chapela para animar aos dous equipos locais no derbi redondelán. Chapela e SAR enfróntanse neste partido, antes de que comece a liga na que a SAR regresa á Primeira Nacional, polo que regresará tamén o derbi local á categoría. O aforamento será limitado, coas prazas dispoñibles repartidas ao 50% para cada equipo. Os que non poidan asistir ao pavillón tamén poderán seguir o partido a través da canle BMTV en YouTube do Chapela.