Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP queda só na defensa da política educativa da Xunta

pleno2

A corporación municipal debatía e aprobaba dúas mocións presentadas por PSOE e BNG nas que se demanda da Xunta de Galicia un maior apoio tanto en recursos económicos como humanos para facilitar o inicio do curso. Os populares votaron en contra das mocións que reclaman máis axudas para as Anpas, que se incremente a dotación en mestres e persoal de limpeza nos centros e que a Xunta asuma as súas competencias na desinfeccións dos colexios ou achegue máis cartos ás administracións locais que están a realizar este esforzo. Alegan dende o PP que as mocións só buscan “descalificar ao goberno de Feijoo”.

“Todo é mellorable, pero malia atoparnos nunha situacións moi complicada dende a Xunta se está a traballar, como amosa o feito de que o goberno galego fora o primeiro en aprobar un protocolo ou se veñan de aprobar as axudas as Anpas”, explicaba a popular Carmen Amoedo.

Carmen Amoedo, PP

Unha réplica que chegaba logo de que dende o resto dos grupos acusaran ao PP de ter abandonado a súa sorte os centros educativos nun inicio de curso marcado polas folgas, as protestas da comunidade educativa ou incluso, no caso de Redondela, da dimisión do equipo directivo do Illa de San Simón pola falta de persoal de limpeza.

O BNG poñía o acento na falta de comprensión da Xunta cara as Anpas “as que se segue sen eximir de responsabilidade no caso de que se produza un contaxio nos servizos que ofertan, motivo polo que decidiron non organizar nin os comedores escolares nin as aulas matinais”. Lembraban que as axudas a estas Asociacións non chegan ni ao 10% do que solicitaron e cualificaban de “indefendible” que o goberno galego delegue nos concello o sobrecuste da limpeza”.

Xoán Carlos González, BNG

No mesmo sentido se manifestaba a edil de AER, Susana Couñago quen insistía en que a administración local está asumindo competencias que non lles corresponden e que para afrontar esas competencias é preciso que se lles acheguen medios económicos “para facer publicidade hai medios, pero para defender os intereses dos nosos nenos e nenas, non”.

Susana Couñago, AER

Pechaba a concelleira de educación Olga García quen insistía en que faltan profesores nos institutos de Redondela, medios para salvar a fenda dixital, máscaras para os mestres e concluía criticando ao PP “por votar en contra dunha moción que só busca salvagardar os intereses dos nosos nenos e nenas”.

Olga García, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará