Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Chapela súmanse á limpeza simultánea do Proxecto Ríos

limpezarío

O colectivo Artelixo e a Asociacións de veciños de Chapela anima a cidadanía a participar da xornada de limpeza simultánea de ríos organizada por Adega. No centro da vila a saída terá lugar ás 10:00 horas dende o composteiro comunitario do Salgueiral, dende onde sairán os participantes para limpar o río Maceiras. En Chapela a saída está prevista para as 10:30 nos arredores do lavadoiro público xunto a vía do tren. En ambos casos e atendendo a situación sanitaria compre inscrición previa no enderezo artelixoredondela@gmail.com ou no correo avchapela@gmail.com.

A Asociación de veciños de Chapela busca poñer en valor unha zona de especial relevancia por tratarse do “último reduto de natureza” no centro urbano da parroquia. Explican dende o colectivo veciñal que a zona elixida para a limpeza conta con varios elementos do noso patrimonio etnográfico: un lavadoiro, varios muíños e unha ponte de pedra, un espazo cheo de lixo e vertidos que rematan na praia de Arealonga.

En Redondela a limpeza centrarase no río Maceiras con saída as dez da mañá dende o composteiro do Salgueiral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará