Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota da SAR Rodavigo no primeiro partido de liga

As xogadoras da SAR agradeceron o apoio do público desde as gradas.

O pavillón da Bomboneira acolleu onte o primeiro partido de liga na División de Honra Prata. As mozas da SAR recibiron ao Oviedo Balonmán, equipo aspirante á loita polo ascenso. Logo dunha primeira parte moi igualada, as asturianas firéronse co partido na segunda metade.

A SAR Rodavigo levaba máis de seis meses sen competir, desde que o pasado 14 de marzo se dera por finalizada a tempada pasada por mor da crise da Covid-19. Neste tempo, debido ás restricións sanitarias na comunidade galega, o equipo que adestra Elisardo Covelo “Chini” non puido disputar ningún partido amigable para preparar o inicio da competición. Neste primeiro partido de liga recibiron a un forte rival, o Oviedo Balonmán Feminino. O partido estivo moi igualado no primeiro tempo, onde puideron plantarlle cara a un equipo que chegaba moi rodado, con varios encontros disputados en pretemporada. No inicio da segunda parte, o conxunto visitante foise facendo aos poucos co dominio do encontro, abrindo unha fenda no marcador cada vez maior. O conxunto redondelán acusou a falta de ritmo, pero pelexou até o final. O obxectivo é “ir recuperando o nivel de competición que necesitan ante unha pretemporada tan atípica”. O marcador final foi 21-30 a favor do Oviedo. O dato máis positivo foi o debut de varias xogadoras xuvenís da SAR. Esta semana prepararán o próximo encontro, na fin de semana visitarán ao AD Carballal no primeiro derbi galego da tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará