Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian “o grave perigo para a poboación” da planta de gas de Aucosa

AucosaGas
Mar Albar explica que en caso de accidente a explosión devastaría un radio de 200 m.

A Comisión veciñal de Cabanas, Rande, Chapela e Redondela advirte que a ampliación da fábrica de fariñas de peixe inclúe unha planta de gas “que está construída e en funcionamento ilegalmente” xa que non dispón de licenza. Os afectados afirman que é “un gran perigo potencial” xa que almacena o equivalente a 30 millóns de litros de gas, que en caso de explosión tería “efectos devastadores nun radio de 200 metros”.

A empresa retirou o depósito de gas do proxecto de ampliación, pero instalouno igualmente

Residente da zona e colectivos sociais e veciñais levan anos denunciando no Concello e mesmo nos tribunais as infraccións de Aucosa “para solucionar o problema de saúde púbica que xenera”. Aos malos cheiros e vertidos da fábrica de fariñas de peixe súmase agora o perigo potencial dun depósito de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL). Malia que a empresa retirou do proxecto de ampliación esa instalación en marzo de 2019, Aucosa levou a cabo igualmente a súa construcción “que actualmente está en funcionamento sen licencia municipal”, explica Mar Albar, uhnha das voceiras da plataforma de afectados. Os veciños advirten que unha planta destas características “debe contar cun plan de seguridade específico que non existe e informar aos veciños do plan de evación en caso de accidente”. Baseándonos en criteiros técnicos un posible incendio nesta factoría provocaría “unha radiación térmica e unha onda expansiva con efectos devastadores nun radio de 200 metros sobre a zona residencial”. Segundo os protocolos de protección civil “sería necesaria a evacuación da poboación nun radio de 1.250 metros” o que inclúe a Ponte de Rande. Albar denuncia que nin os veciños foron advertidos deste perigo nin existe un plan de prevención de riscos e seguridade para esta planta de gas. Advirte o colectivo que Aucosa, ademais de ser unha empresa tóxica “polos seus cheiros, emisións e ruídos que atentan contra a saúde pública”, é agora tamén unha empresa “moi perigosa, que está a xerar un risco que afecta á vida das persoas”. Os representantes da veciñanza denunciaron no Concello e á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística estes feitos, pedindo a prohibición da planta, o seu precintado e desmonte “así como a sanción que corresponda aos responsables”.

O presidente da asociación de de Veciños de Chapela, Marcial Pérez, sinala que unha empresa destas características “non debería estar nun lugar de especial protección ambiental como a enseada de San Simón, senón nun polígono industrial”. Confían en que o Concello de Redondela paralice a actividade da planta “porque a licencia urbanística non é legal” e que a Xunta de Galicia non renove o próximo ano o permiso ambiental da factoría.

Os veciños levan anos esixindo que a empresa se traslade a un polígono industrial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará