Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta elimina un vertido de augas residuais á ría de Vigo procedente dunha vivenda da Portela

portela

O persoal técnico da Xunta identificou a existencia dun aporte de auga residual nunha vivenda unifamiliar do barrio da Portela, informouse ao concello quen requiriu ao titular do inmoble a conexión coa rede de saneamento municipal. Na última inspección os técnicos da Xunta verificaron a efectividade da actuación e o cese do vertido.

O punto de vertido foi localizado durante os labores de inspección que o Plan de control de vertidos de Augas de Galicia realizada na rede fluvial e na marxe litoral do termo municipal.

O persoal técnico da Xunta constatou a orixe dun aporte de auga residual nunha vivenda unifamiliar, localizada no barrio da Portela, zona na cal existe rede de saneamento municipal.

Notificado o Concello, se lle requeriu a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Desde o Concello trasladouse ao particular a obriga de conectarse á rede de saneamento municipal.

Recentemente, os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha nova inspección na zona, verificando que as augas residuais xeradas na citada vivenda se atopan conectadas á rede de saneamento municipal, quedando emendado o vertido que se producían cara á ría de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará