Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela imponse ao Luceros no arranque ligueiro

ChapelaPAvillón0_o

O Rodosa Chapela foi onte moi superior ao Automanía Luceros no comezo da liga de Primeira Nacional. Peor sorte correu a SAR Plastic Omnium, que perdeu ante o Saeplast Cañiza, malia estar a piques de acadar o empate. Na División de Honra Prata Feminina, o Carballal impúxose á SAR Rodavigo nun encontro disputado no pavillón vigués.

Primeira Nacional Masculina

Automanía Luceros 17-32 Rodosa Chapela

O equipo de Fran Teixeira lidera o grupo logo dunha contundente vitoria no Morrazo ante o Luceros, cun resultado de 17-32 no pavillón do Gatañal. Os de Chapela comezaron cun parcial de 1-8 e deixaron o partido xa sentenciado no descanso (10-21). Os locais melloraron en defensa no segundo tempo, pero seguiron faltos de acerto en ataque, e o Rodosa Chapela rematou cun contundente marcador a favor. A abultada vitoria déixaos líderes do grupo nesta primeira xornada, a próxima semana disputan o primeiro partido como locais nesta temporada, ante o Granitos, que vén de perder ante o C.Doribeiro.

SAR Plastic Omnium 22-23 Saeplast Cañiza

Os da Cañiza, un dos claros favoritos ao ascenso, foron moi superiores á SAR na primeira parte. Na segunda, os de Pablo Muiños foron recortando distancias e tiveron opcións de empatar. Ao final, triunfo para os visitantes pola mínima. A SAR, na próxima xornada, xoga na pista do C.Doribeiro.

Honra Prata Feminino

Carballal 28-21 SAR Rodavigo

As anfitrioas decidiron o partido na primeira metade, cunha clara vantaxe sobre a SAR. No segundo tempo as de Elisardo Covelo “Chini” apertaron o acelerador, e lograron achegarse a cinco goles de diferencia (21-16, min. 48). Despois dun tempo morto do conxunto local e volveron defender con máis intensidade para acabar gañando o partido 28-21.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará