Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Rodríguez: “Seguirei traballando para cando chegue a próxima oportunidade”

MiguelCelta

O xogador redondelán, de 17 anos, acaba de debutar en Primeira Divisón co Celta de Vigo. Entrou ao campo do Sadar nos últimos minutos do partido. Amósase “moi contento pola oportunidade” e afirma que agora o seu obxectivo é “traballar, traballar e traballar ata que chegue a próxima oportunidade”.

Miguel Rodríguez Vidal (Redondela, 29/05/2003) non é ningún descoñecido na canteira celeste. Esta é a súa oitava temporada co club vigués, ao que chegou procedente do C.D.Choco, despoi de pasar tamén polo Casa Paco. Logo de debutar na máxima categoría do fútbol co Celta, segue a estela doutros canteiráns redondeláns que tamén vestiron a camisola celeste como Pablo Couñago, Iago Bouzón ou Mateo Míguez. Pero ademais é un dos xogadores máis novos en acadalo, o cuarto por detrás do mítico Francisco Bao, Sansón, que o fixo con 15 anos, Bouzón con 16 e Santi Mina, que o fixo con 17, pero cuns meses menos. Nas últimas horas moitas foron as felicitacións que recibiu polo seu debut, mostras de agarimo de amigos e xente vencellada ao fútbol, tanto de Redondela como da contorna celeste, polas que se sente “moi agradecido”. Recoñece que “non é o habitual debutar tan novo en Primeira”, pero lembra que o técnico contou con el xa na pretemporada, e logo de ser dos canteiráns elexidos para comezar a liga co primeiro equipo tivo a ocasión ante o Osasuna e “aproveitei a oportunidade”

Miguel Rodríguez amósase moi contento polo debut e agradecido polas felicitacións

O dianteiro destacou sempre nas categorías inferiores pola súa faceta goleadora, nos últimos anos mesmo en categorías por diante da súa idade. Hai un ano, sendo aínda cadete, empezou a pretemporada co filial e acabou o verán adestrando xa ás ordes de Fran Escribá. Agora, Óscar García Junyent conta con el. O xogador afirma que o seu único obxectivo é “traballar, traballar e traballar” ata que chegue a próxima oportunidade.

O dez minutos finais máis o desconto que Miguel Rodríguez disputou ante Osasuna despois de substituír a Nolito, deixaron proba da súa calidade. Malia a derrota, o xuvenil encarou ao seu marcador, tentou varios desbordes, cun centro á área e mesmo se fixo un disparo a portaría que saiu desviado. Malia a súa curta idade está centrado “en dar sempre o máximo, dá igual que sexa en Primeira, Segunda ou Segunda B”

O xuvenil redondelán está centrado en dar sempre “o máximo”

En canto a compartir o vestiario cos compañeiros do club, xogadores na maior parte veteranos na Primeira División, asegura que é “moi doado”, porque son bos compaleiros e “todos son grandes rapaces, do primeiro ao último”. Preguntado polos seus referentes no mundo do fútbol, recoñece que non é “ídolos”, pero no vestiario celeste fíxase en xogadores como Iago Aspas, e tamén nos “máis grandes do mundo, como Cristiano Ronaldo ou Leo Messi”. En canto ao futuro do Celta, logo de encadear dúas derrotas consecutivas, Miguel ten claro que o equipo superará o bache. “Son un gran grupo e con traballo e esforzo sacarase a temporada adiante”, afirma o redondelán.

Malia a derrota no Sadar, confía en que o Celta supere o bache
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará