Tres vehículos víronse implicados nun aparatoso accidente este xoves na estrada N-550 entre Redondela e Pontevedra no que unha persoa resultou ferida de gravidade e tivo que ser liberada polos bombeiros logo de quedar atrapada no interior do seu vehículo. A colisión producíase cando chocaban frontalmente un coche e un camión cargado de madeira. Un furgón tamén se viu implicado ao tentar esquivar o choque. A furgoneta quedaba envorcado na beiravía.
O sinistro tiña lugar ás 13.30 horas no quilómetro 137 da estrada que une Redondela coa cidade do Lérez á altura da parroquia de Cesantes. Por causas que se descoñecen, un coche que viaxaba dirección Pontevedra e un camión que transportaba troncos de madeira chocaba frontalmente. O impactou provocaba importantes danos no coche, cuxo condutor quedou atrapado e tivo que ser excarcerado polos bombeiros do Porriño. No accidente tamén se viu implicada unha furgoneta que quedaba envorcaba na beiravía.
Segundo a información de Emerxencias 112, a persoa que conducía o vehículo resultou ferida de gravidade e foi trasladada nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario. A Garda Civil de Tráfico investiga agora as causas do accidente.