Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os problemas de alumeado na rúa Ernestina Otero obrigarán a levantar parte da beirarrúa

ernestina

A concellería de Medio Ambiente, da que depende o alumeado público, informa que os fallos no alumeado de parte da Rúa Ernestina Otero, Campo da Petanca e Subida a Estación están provocados por unha avaría grave nos cables soterrados que transcorren polas beirarrúas de Ernestina Otero.

Logo dos traballos de inspección realizados polos electricistas municipais para tentar arranxar estas avarías foi posible localizar o problema pero seu arranxo non vai ser a curto prazo debido a necesidade de facer obras na beirarrúa para chegar ata onde se atopa o problema: uns empalmes no cableado que se atopan debaixo das pedras fora da caixa de rexistro e que van a dificultar a reparación.

Explican que a principal dificultade para realizar esta reparación deriva dunha mala execución na obra de remodelación da rúa Ernestina Otero hai unha década e do feito de que non se lle dera situación nos últimos anos “sen ningún tipo de criterio profesional aparente non se entende como se realizaron empalmes no cableado fora das arquetas destinadas a tal fin e despois se lles colocaron enriba baldosas de pedra”. Engaden dende Medio Ambiente que existen sobre sete puntos no percorrido desta liña eléctrica con esta situación, para solucionar esta anomalía será preciso picar e retirar parte do empedrado da rúa e a colocación de novas arquetas de rexistro ademais de repoñer máis de 500 metros de cable.

Debido a complexidade da actuación explican que non se pode definir unha data para o remate da reparación e que durante este tempo haberá luminarias que se manterán apagadas para evitar que caia a liña enteira deixando varias rúas sen luz.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará