O Sergas elevaba este domingo o nivel de alarma situando ao noso concello no primeira chanzo de alerta. Entra así o noso municipio en alerta amarela ao contabilizar de sete a 13 diagnósticos positivos na pasada semana. Na mesma situación atópanse os concellos de Cangas, O Porriño e Mos, mentres que Vigo entraba en alerta laranxa ante a incidencia acumulada dos últimos sete días.
A información que achega o Sergas non fala dun número concreto de contaxios, pero si establece unha clasificación en base a incidencia acumulada na última semana. No caso de Redondela pasouse da alerta verde, a máis baixa con menos de sete casos, a subir un chanzo e colocarse en alerta amarela ao contabilizarse nos últimos sete días entre 7 e 13 positivos, do mesmo xeito que Canga, Porriño e Mos.
En peor situación están en Tomiño, en alerta laranxa dende o domingo por localizarse entre 14 e 21 casos ou en Vigo, cidade que elevaba o nive3l de alarma a laranxa ao detectar o Sergas entre 57 e 113 novos positivos por cada cen mil habitantes na última semana.
En situación verde mantéñense o resto dos concellos máis próximos, entre eles o de Fornelso de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior.