Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estenderá a limpeza viaria aos núcleos das parroquias

limpeza

Un servizo que ata o de agora tiña restrinxida a súa actuación aos cascos urbanos de Redondela e Chapela, ampliará o seu ámbito de actuación ata os núcleos rurais. A limpeza viaria nos centros neurálxicos parroquiais será efectuada de xeito rotatorio e periódico segundo un cuadrante no que xa traballa a concellería de Limpeza Viaria.

O feito de que a propia extensión do municipio faga imposible a limpeza viaria “lugar por lugar e barrio por barrio”, non é impedimento para que esa labor “poida realizarse, segundo un calendario previamente establecido, nos lugares máis concorridos nos que habitualmente se reúnen maior número de veciños e veciñas e que, polo tanto, deben gozar dunhas condicións de limpeza adecuadas”, sinalan a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Limpeza Viaria, Alberto Álvarez.

Esta será a primeira vez que se preste este servizo de limpeza viaria nos núcleos parroquiais, unha iniciativa que responde ao convencemento do Goberno local de que “todos os veciños deben gozar do mesmo nivel de servizos, independentemente do lugar onde teñan a súa residencia”.

As características particulares de dispersión poboacional que presenta o rural, non fai posible que os servizos se poidan prestar en idénticas condicións que nos núcleos urbanos –explica Digna Rivas– “pero iso non xustifica a súa ausencia”. Nese sentido a rexedora local deixou clara a intención do seu Goberno de “eliminar, na medida do posible, a fenda de servizos existente entre os núcleos rurais e os urbanos” porque “en Redondela non poden existir veciños e veciñas de primeira e segunda categoría”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará