Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortegoso e “Davicín” dan a vitoria ao CD Choco

ChocoRapido

Vitoria do Choco con protagonismo de dous xogadoes da casa: o dianteiro David Martínez “Davicín” e o porteiro Cortegoso. O artilleiro anotou os dous goles do equipo redondelán, que comezou por detrás no marcador ante o Rápido de Bouzas. O capitán Cortegoso parou un penalti e defendeu un man a man con Álex Rey.

Terceira División

Choco 2-1 Rápido de Bouzas

O primeiro gol, aos 12 minutos de xogo, chegou dos visitantes por medio de Rubén Martínez, que aproveitou un rexeite tras unha falta. Os goles do Choco chegaron no segundo tempo. O primeiro, tras aproveitar o rexeite dunha pena máxima errada por Félix, e o segundo, cun forte lanzamento a cinco minutos para o final. Aínda tivo tempo o Rápido para empatar e mesmo tivo un penalti a favor. Aí apareceu o outro gran protagonista da xornada, Cortegoso, porteiro e capitán do equipo, sacou o balón a Óscar Fondevila para deixar os puntos na casa. Os visitantes tentárono ata o final, acumulando tiros que se foron lonxe, pero o marcador xa non se movería. As medidas de seguridade polo protocolo anti Covid-19 marcaron tamén o encontro, coa limitación de 230 afeccionados nas bancadas para garantir a distancia necesaria. As peticións de entradas dos socios duplicaron esa cantidade, e o Choco viuse obrigado a prescindir do despacho de billetes o domingo para asistir a este primeiro encontro da tempada. Na próxima xornada o Choco xoga no campo do Ribadumia, equipo que comezou tamén gañando o seu primeiro encontro, ante o Ourense

Choco: Cortegoso, Mario García, Samu Santos, Elias Reyes, Yago Vázquez, Iano Simao (Yerai Couñago, min. 81), Alberto Suárez, Rancaño (Comis, min. 51), Félix (Óscar Gil, min. 67), Martín Rafael, David Martínez ‘Davicín’.

Rápido de Bouzas: Álex Vila, Juan Barbeito (Miguel Fernández, min. 72), Alberto Rey, Aram, Iago Martínez, Lede (Areal, min. 67), Jesús Barbeito, Álex Rey, Carlos Pereira (Óscar Fondevila, min. 72), Rubén Martínez, Adrián Rodríguez (Jorge Maceira, min. 76).

Goles: 0-1, min. 12: Rubén Martínez; 1-1, min. 60: Davicín; 2-1, min. 85: Davicín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará