Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresan os clubs de lectura ás Bibliotecas con metade de aforo

club de lectura

As bibliotecas municipais continúan organizando actividades tanto en Chapela como en Redondela. Espazos seguros nos que ademais de acceder a todas as novidades bibliográficas e clásicos literarios, podemos facer uso do seu servizo de ordenadores ou participar en actividades de fomento de lectura que tampouco se deteñen neste ano Covid. Así,  o luns 26 arrancarán os Clubs de lectura na biblioteca Xela Arias no Piñeiral e o venres 30 naBiblioteca Valle Inclán no Multiúsos da Xunqueira.

Por cuestións sanitarias, os Clubs de lectura reducen notablemente o seu aforo e pasan dos 18 participantes de edicións anteriores a tan só 9 “para garantir a distancia social”. Estarán xestionados novamente por Jerónimo Pomares, encargado de guiar aos participantes a través das lecturas e dos textos que son obxecto de análise e debate.

Mª Elena Becerra fálanos dos CLubs de lectura

A inscrición para cubrir as últimas das prazas vacantes está aberta nas Bibliotecas (986 40 15 61 e 986 45 42 26).

Unha actividade que este ano conta con menos participantes  xa que “algunhas persoas por medo e outras por non aguantar a máscara durante tanto tempo, decidiron ausentarse nesta edición malia seren habituais nos clubs de lectura”.

Espazos seguros

Neste sentido insiste Mª Elena Becerra que as “bibliotecas son espazos seguros, que se desinfectan constantemente, e que non existe risco de contaxio por facer uso das súas instalacións ou por coller libros en préstamo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará