Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida por facer cargos de 33.000 euros na conta dun septuaxenario redondelán

xulgado redondela

A muller de 35 anos, que traballaba nun bar que frecuentaba a vítima, retirou cartos en efectivo por valor de 32.900 euros dende o mes de marzo. Tamén está acusada de roubar xoias, moedas de prata e outros obxectos de valor do domicilio da vítima, que subtraía aproveitando as visitas que facía a súa vivenda para interesarse polo seu estado de saúde.

A Policía Nacional de Vigo-Redondela detivo a unha muller de nacionalidade portuguesa, residente en Redondela, acusada por un delito de estafa. Foi a propia vítima, veciño tamén do municipio de 70 anos de idade, o que denunciaba na comisaría varios cargos non autorizados na súa tarxeta de crédito dende o mes de marzo que sumaban en total 32.900 euros. Os axentes descubriron que boa parte dos cargos se fixeran na contorna de Redondela e localidades limítrofes. As pescudas conducíronnos até a traballadora dun bar do municipio, que frecuentaba a vítima e que tiña antecedentes por diversos delitos.

Os axentes comprobaron que a detida tamén roubara xoias, moedas de prata e varios obxectos de valor da vivenda do septuaxenario, á cal acudía coa escusa de preocuparse polo seu estado de saúde e o dun familiar de avanzada idade co que convive.

A muller pasou xa disposición xudicial do Xulgado de Instrución 1 de Redondela acusada dun delito de estafa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará