Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Presidente da Federación de Fútbol de Guinea Bissau visita O CD Choco

choco guinea

O recén elexido Presidente da Federación de Fútbol de Guinea Bissau. Carlos Alberto Méndez, elixiu Galicia como a súa primeira viaxe oficial, e máis concretamente Redondela para coñecer de primeira man ao Club Deportivo Choco onde militan algúns dos xogadores guineanos, entre eles Iano e Nelson que compiten en Terceira División co equipo sénior dirixido por Gonzalo Fernández, e Jú e Edigar no Xuvenil División de Honor de Alberto Súarez.

O Presidente da Federación amosábase moi contento e agradecido “ao Presidente do CD Choco, Iván Crespo, e a todos os que fan posible este proxecto a favor do meu país”. Logo da visita das instalacións, Carlos Alberto Méndez puido falar cos xogadores aos que lles trasmitíu “a responsabilidade que teñen como embaixadores do seu país”.

Tras asistir ao adestramento declarou sentirse “moi satisfeito polo traballo que están a realizar os adestradores, uns xogadores con cualidades aos que lle faltaba quizáis profesionalización en termo de táctica porque teñen que habituarse a unha nova realidade, moi diferente á que viviron no seu país de orixe”. Ao que engadiu “penso que Guinea Bissau está de parabéns polo traballo que no Choco están facendo cos nosos futbolistas”.

O Club Deportivo Choco está axudando á adaptación destes xogadores no só a maneira de ver e entender a este deporte, senón tamén a unha nova vida cunha cultura, costumes e idiomas diferentes aos seus. Razón suficientes para que o Presidente da Federación de Fútbol de Guinea Bissau sexa consciente de que “aquí estanlle dando unhas oportunidades que nunca ían ter no seu país formando xogadores cun futuro que en Guinea Bissau non tiñan”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará