Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exención de taxas e axudas directas, entre as medidas que valora o Concello para axudar á hostalaría

redondela

A Concelleira de Economía e facenda traballa na adopción de diferentes medidas encamiñadas a paliar a difícil situación na que se atopan os locais da hostalaría que se viron obrigados a pechar ou restrinxir a súa actividades estritamente á venta á domicilio ou comida para levar. A exención de diferentes taxas como a do lixo ou terrazas están sobre a mesa, pero tamén outras iniciativas que  buscan fomentar o consumo no comercio e na hostalaría local como é a actualización da plataforma web RedondelaMercaNaCasa co obxecto de que sexa un “escaparate virtual”.

María Castro fala das medidas do goberno local en beneficio da hostalaría e o comercio

A plataforma actualizada non estará operativa antes de dúas semanas, unha vez que a empresa contratada para o seu redeseño está a realizar os cambios necesarios para convertela nun espazo dinámico e atractivo no que os comercios poidan ofertar os seus produtos. A web, segundo explica Castro será “un auténtico escaparate virtual no que a veciñanza poderá ver cada establecemento a través de vídeos e fotos, con toda a información dispoñible e se teñen ou non servizo a domicilio”.

Os interesados en estar presente nesta plataforma poden remitir un correo á dirección redondelamercanacasa@redondela.gal ou nos teléfonos 986 402664 e 986 400300 (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

A Plataforma no nestará actualizada antes de dúas semanas

Por outra banda, traballan tamén noutras medidas solicitadas polos propio comerciantes e hostaleiros, cos que se reuniron nas últimas horas, como a exención de taxas, tanto do lixo como de terrazas, os bonos agasallo de cara ao Nadal para fomentar a compra no comercio local ou os tickets de parquing gratuíto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará