Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonza:”Estou moi contento do que vexo cada semana no traballo do equipo”

GonzaLiña_o

Gonzalo Fernández, o adestrador do CD. Choco amósase moi satisfeito co rendemento do equipo neste inicio de liga da Terceira División. O seu obxectivo é “recuperar a todos os xogadores” e poder traballar con todo o plantel logo dunha pretemporada “moi difícil por mor da Covid-19”.

Á esixencia deportiva que require unha categoría deste nivel, este ano súmase a grave situación sanitaria. Despois de moitos meses de paro forzoso, a campaña comezou cuns estrictos protocolos anti Covid. Iso supón “un maior desgaste para xogadores e corpo técnico”. Explica Gonza que se ven obirgados “a planificar máis”, pero advirte que é preciso respectar toda a normativa establecida “para que a competición poida seguir”.

Logo de catro xornadas disputadas o CD Choco suma 7 puntos, e está no 4º posto da táboa. Pero o técnico advirte que nesta liga, cunha primeira fase moi curta, “non podes relaxarte”. O seu obxectivo é recuperar canto antes a todos os xogadores, xa que o parón por mor da crise sanitaria provocou problemas físicos nalgúns futbolistas. “Gonza” confía en poder ter á súa disposición todo o plantel “canto antes” e seguir traballando con regularidade como están a facer cada semana.

Despois do triunfo do pasado domingo no campo do Ourense CF no tempo de desconto, esta semana repiten como visitantes. Será no campo da Lomba, en Vilagarcía, ante o Arosa, actual líder. O míster prevé que será un partido “moi esixente”. Xa tivo ocasión de ver algún partido dos anfitrións grazas ás retransmisións que os clubs fan a través das redes, e confía en poder traer un resultado positivo para Redondela.

O próximo domingo xogan no campo do Arosa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará