Axentes de protección Civil de Soutomaior participaron esta semana no rescate dun corzo salvaxe logo de seren alertados por varios veciños da zona tras ver un animal atrapado nunha fochanca. Ata o lugar desprazáronse membros de Emerxencias de Protección Civil xunto con axentes da Policía Local da localidade que tamén colaboraron no operativo de rescate.
O corzo estaba atrapado logo de enlearse cos restos dun arame nunha pata, quedando coa mobilidade moi restrinxida o que lle impedía saír do buraco no que se atopaba. Os axentes procederon a inmobilizar ao animal e a cortar e retirar o arame, comprobando que presentaba unha ferida de importancia nunha das súas patas.
Tras valorar o seu estado descartouse soltalo no seu medio natural e foi trasladado ás dependencia do Centro de Recuperación de Fauna da Xunta de Galicia en Cerdedo-Cotobade.
Nestes momentos recuperase satisfactoriamente da súa ferida e, unhavez se atope totalmente recuperado e nas condicións óptimas para poder sobrevivir no seu entorno natural, será devolto o mesmo.