A SAR Rodavigo impúxose en Cantabria ao HBC 74 de División de Honra Prata Feminina. Na primeira Nacional Masculina o Chapela empata co líder ao vencer ao Carnes Doribeiro, mentres a SAR superaba ao Vecindario remontando un marcador inicial en contra.
División de Honra Prata Feminina
HBC 74 Camargo 22-25 SAR Rodavigo
As de Elisardo González “Chini” afástanse da parte baixa da táboa logo dunha traballada vitoria en terras cántabras. O equipo redondelán impúxose ao de Camargo, co que estaba empatado a puntos. A próxima semana volven xogar como visitantes, será en Canarias ante o líder, o Lanzarote Zonzamas.
Primeira Nacional
Carnes Doribeiro 28-31 Rodosa Chapela
Os de Fran Teixiera lograron unha complicada vitoria en terras ourensás. O partido tivo unha parte para cada equipo. Na primeira dominaron os locais, e na segunda o Chapela, que se fixo cos puntos finalmente. Empata así cos equipos de cabeza no máis alto. Na próxima xornada recibe no Manuel González Soto ao Seis do Nadal, cos vigueses no 6º posto.
SAR Plastic Omnium 36-32 Vecindario
O equipo redondelán soubo reaccionar a tempo, logo de comezar o encontro recibindo un parcial de 0-5 por parte do equipo canario, que deixaba ao Vecindario cunha vantaxe de 8-11 no miniuto 14 do partido. A SAR pelexou para darlle a volta ao marcador e ao descanso volveu poñerse por diante. Na segunda metade conseguiu manter a diferencia e rematar cunha vitoria por 4 goles de diferencia. A SAR, que agora é 14º, viaxa esta fin de semana a terras canarias para medirse ao Tejina La Laguna, pechacancelas do grupo, que aínda non conseguiu sumar ningún punto.