Hai outras 311 persoas en seguimento por seren contactos estritos dos casos positivos. Unha información que nos achega o Concello de Redondela en base aos datos facilitados pola Consellería de Sanidade quen, dende hai unha semana, informa diariamente da evolución dos contaxiados. Nos últimos días o nosos concello moveuse en torno aos cen casos, deixándonos hoxe unha cifra un chisquiño mellor. No concello de Soutomaior os casos activos ascenden a 39.
Uns datos que apuntan a unha tendencia cara a estabilización pero que tamén nos convidan a seguir alerta ante uns contaxios que non frean. De feito, a área sanitaria con máis casos activos é a de Vigo con 2.361. Hai ademais 82 hospitalizados, dos que preocupan as 25 persoas ingresadas en UCI.