Logo de vairas xornadas manténdonos por debaixo desa cifra e cunha tendencia á estabilización, os últimos datos feitos públicos polo Concello confirman 103 positivos activos no municipio e 328 persoas en seguimento por seren contactos estritos dos casos confirmados. En Soutomaior os casos activos ascenden a 35, cunha tendencia a baixa no que levamos de semana.
Redondela arrancaba a semana con 95 casos activos, o martes eran xa 98 e os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade falan de 103 con datos actualizados na xornada de onte. Un incremento leve pero paulatino nos últimos días que preocupa e que segue o comportamento que tamén se confirma no resto da área sanitaria de Vigo, xa que mentres no resto das cidades se observa certa melloría, Vigo é a zona de Galicia onde os contaxios están en aumento.
En Soutomaior, o número de casos activos de Covid19 descendeu ata os 35 positivos, logo de arrancar a semana con 39.