A policía local de Redondela investiga unha condutora de 20 anos de idade, veciña de Cedeira, tras sufrir un accidente na parroquia de Chapela. O sinistro tiña lugar na madrugada do pasado venres, polo que a investigada estaría incumprindo tamén o toque de queda en vigor que establece a prohibición de estar na rúa a partir das 23:00 horas.
Un accidente que non deixou danos persoais pero si importantes danos materiais logo de que o Peugeot 407 que conducía a muller colidira contra tres vehículos que se atopaban estacionados na Avenida de Vigo en Chapela. Unha vez no lugar os axentes procederon a realizar as correspondente probas de alcoholemia que deixaron un resultado positivo de 0,79 mg/l e comprobaron ademais que o vehículo carecía do seguro obrigatorio.