Con esta premisa traballan os profesionais da asociación Érguete que atopamos detrás do teléfono gratuíto e anónimo 634 331 233. Un servizo telefónico de prevención e información sobre as adiccións que funciona en Redondela dende mediados do mes de novembro e que se dirixe aos adolescentes. Consultas que tamén se poden facer vía WhatsApp de luns a venres en horario de 8.30 a 14.00 horas.
Unha iniciativa que quere rachar coa barreira que aínda existe entre adolescentes e adultos á hora de abordar a problemática das adiccións, que a pandemia non so non diminuíu, segundo nos explica a coordinadora de prevención de Érguete, Laura Durán, senón que se incrementou nalgunhas tipoloxías como as relacionadas coas pantallas e o xogo online.
Ofrecer información e orientación sobre as diferentes sustancias adictivas e os efectos derivados do seu consumo, como enfrontarse ás situacións conflitivas derivadas do consumo de drogas o xogo ou ás pantallas, son os obxectivos deste programa que pon en marcha a Asociación Érguete xunto ao Concello de Redondela.
Ao outro lado da liña telefónica atoparan a educadores, pedagogos e psicólogos que levan anos traballando no ámbito das adicción e que solucionarán todas as dúbidas dun xeito anónimo e sen ter que aportar ningún tipo de dato persoal ademais de ofrecerlle aos mozos e mozas os recursos aos que poden optar para combatelas. Para facer máis sinxela a comunicación cos adolescentes, as consultas tamén se poden facer a través do WhatsAppa, unha ferramenta a que están moito máis habituados e coa que salvan o problema da vergoña.
Unha iniciativa que nacía ante a imposibilidade de continuar cos programas presencias que Érguete desenvolve nos centros educativos dende hai tres anos en Redondela con alumnos dende quinto de primaria a cuarto de ESO e que se viron paralizados por mor das restricións impostas pola pandemia.
Ademais de en Redondela, este servizo de atención telefónica de prevención tamén funciona nos concellos de Fornelos de Montes, Vilaboa, Bueu e Moaña.