Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A rehabilitación do antigo conservatorio dá o primeiro paso coa contratación do proxecto

IMG_20201204_172237

Realizarase unha reforma integral tanto do interior como exterior do inmoble así como a redistribución dos espazos que no futuro albergarán a Oficina de Turismo, Cultura e Normalización Lingüística ademais dun espazo de usos múltiples para a realización de actividades e eventos.

A Xunta de goberno do Concello de Redondela vén de aprobar a contratación da redacción do proxecto para a rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio situado na rúa Isidoro Queimaliños e que nos últimos anos foi sede das dependencias de Servizos Socias e tamén da oficina de turismo.

Unha rehabilitación que se inclúe no programa integral de recuperación do patrimonio histórico do municipio que permitirá a transformación total do inmoble co obxectivo de facelo “operativo e dinámico” ao mesmo tempo que se mellora a accesibilidade e a seguridade, segundo explicaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O novo inmoble acollerá no primeiro andar servizos municipais como as oficinas de Turismo, Cultura e Normalización Lingüística e na planta baixa crearase un espazo de usos múltiples para desenvolver actividades e eventos “co fin de poñer en valor o acervo cultural do municipio”.

A rexedora local destaca a idoneidade da localización das oficinas de Turismo neste lugar por ser os peregrinos o 90% do fluxo turístico do municipio e ser a rúa Isidoro Queimaliños paso obrigado do Camiño de Santiago.


Mellora da eficiencia enerxética da praza de Redondela

A Xunta de goberno tamén deu luz verde ao expediente de contratación dunha auditoría enerxética para a praza de abastos de Redondela, de cara a optimizar o consumo, reducir as emisións de CO2 e conseguir un aforro na factura eléctrica. Tamén se aprobou a proposta de contratación do subministro de bolsas, taboleiro de anuncios e pizarra para o mercado de Chapela, dentro das iniciativas encamiñadas a facer das prazas de Abastos lugares de dinamización comercial da contorna na que se atopan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará