Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase aos actos de repulsa contra o último asasinato machista

IMG_20201204_184120

Dobre concentración a celebrada este venres en Redondela para amosar o rexeitamento ante a nova vítima da violencia de xénero. Unha veciña de Gondomar, de 59 anos, acoitelada pola súa parella este martes. Soledad Rey é unha das tres mulleres asasinada no que vai de ano en Galicia polas súas parellas ou ex-parellas, a número 42 en toda España. Así se lembraba esta mañá no acto institucional celebrado ás portas do Concello de Redondela, coa presenza da alcaldesa e os concelleiros.

Un berro contra esta lacra social que se volveu escoitar nos soportais da casa consistorial esta tarde nunha concentración convocada pola Asemblea Feminista Paxaretas. Un acto que quixo ser unha mostra de apoio aos familiares de Soledad pero tamén un acto de rexeitamento á “pandemia máis grande que temos na nosa sociedade, un virus letal que nos asasina polo feito de ser muller”. O colectivo redondelán alerta de que 42 é a cifra oficial pero o número de mortas neste 2020 suma xa 81 mulleres se contamos todas as mortes que se produciron fóra do ámbito da parella.

Esixen políticas feministas “de verdade” onde se persiga e castigue aos autores das agresións e se garanta un dereito libre a denunciar sen ter medo de ser xulgadas.

Asemblea Feminista Paxaretas

Unhas agresións, que como denunciaron no seu manifesto, non só non diminuíron senón que se incrementaron durante a pandemia. Os datos reflicte que dende o comezo desta crise sanitaria o número de chamadas ao 016 para denunciar agresións físicas e psicolóxicas incrementouse un 60% e as agresións sexuais non se paralizaron. Segundo os datos da Organización Mundial da Saúde, unha de cada cinco mozas sofre abusos antes de cumprir os 17 anos.

A violencia machista non cesa durante a pandemia

Porén, dende a Asemblea Feminista Paxaretas fan un chamamento a unirse na denuncia desta lacra social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará