Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela despídese da Comisaría de Distrito

comisaria

A iniciativa do Partido Popular de dotar unha partida orzamentaria para a creación da Comisaría de Distrito para Redondela foi rexeitada no Congreso, dentro das emendas aos Orzamentos Xerais do Estado. Os populares de Redondela lamentan que a a iniciativa foi rexeitada cos votos do tres deputados socialistas da provincia de Pontevedra “e os veciños quedan sen un servizo necesario e constantemente demandado”. Lembran que mesmo a alcaldesa, a socialista Digna Rivas, deu o seu apoio a esta Comisaría nun Pleno municipal celebrado en maio de 2019, igual que o resto de concelleiros socialistas de Redondela”. A voceira popular, Carmen Amoedo, critica que agora rexeiten “o que antes demandaban do anterior goberno central”. Do mesmo xeito lembran os populares que tamén o BNG “clamaba pola falta da comisaría eagora vota en contra en Madrid”. Desde o PP pídenlle ao PSOE e aos seus socios de goberno de AER, ao igual que ao BNG “que se poñan ao lado dos veciños e defendan as decisións que toman nos plenos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará