Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños maniféstanse contra o desmantelamento do cargadeiro de Rande

RAnde_o

Convocados por asociacións veciñais e culturais, un grupo de veciños de Rande concentrouse onte nos terreos do antigo cargadeiro de mineral de Coto Wagner. Rexeitan a intención da Autoridade Portuaria de Vigo de desmantelar as vellas instalacións, e reclaman a súa conservación e rehabilitación “como parte do patrimonio histórico e industrial da zona”. Asociacións como ARPE (Rande Patrominio Europeo) defenden a súa recuperación, e a declaración de Ben de Interés Cultural. O Concello de Redondela tamén está a elaborar un informe técnico sobre a actual situación do cargadeiro para promover a súa recuperación e posta en valor. A Autoridade Portuaria advirte que as malas condicións da estrutura supoñen “un perigo” e aposta pola súa demolición. Na concentración celebrada onte participaron, ademais dos veciños, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o ex alcalde e actual deputado no Congreso, Javier Bas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará