Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esgotadas todas as entradas para os espectáculos infantís de Nadal

Galiña-Azul-Banda

Tan só unhas poucas horas duraron os billetes dispoñibles para a programación de Nadal do Concello de Redondela dirixidas ao público infantil e familiar. Puxéronse á venda esta mañá no Multiúsos da Xuqueira, a 3 euros, co aforo limitado a 75 butacas no auditorio. Paco Nogueiras, Tanxarina, Os Bolechas ou Uxía Lambona e a Banda Molona serán algúns dos protagonistas destes espectáculos. Para todos aqueles que quedaran sen entrada, saiban que poderán seguir as actuacións en directo a través da páxina do Facebook do Concello de Redondela.

Concerto de Alberto Vilas

Para o concerto de Alberto Vilas, no que o músico redondelán presentará o seu último traballo “Naialma”, aínda quedan entradas dispoñibles. Poden recollerse no Multiúsos da Xunqueira, de balde. No caso de esgotarse os billetes para o concerto, previsto para as 20.30 horas, farase un pase anterior, ás 18.00 horas.

Visita de Papá Noel e os Reis Magos

A Covid non impedirá que as Súas Maxestades de Oriente e Santa Claus estean cos máis pequenos. Papá Noel estará fisicamente na alameda de Castelao desde o 15 ao 24 de Decembro e na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela os días 20,22 e 23 de Decembro. Tamén visitará, por primeira vez, as parroquias os días 22 e 23 facendo un pasarrúas por todas elas. Tamén de xeito interactivo os máis pequenos poden recibir un “vídeo saúdo” na páxina web www.nadalenredondela.com, que conta xa con máis de 4.000 visitas.

Outra das novidades que promete chegar para quedarse é o servizo de videochamada dos Reis Magos. Para acceder a este servizo debemos entrar na web www.barafundaanimación.com, cubrir un formulario e introducir o código “Redondela” seleccionando día e hora na que desexamos recibir a chamada. Este servizo está xa en funcionamento para facer a reserva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará