Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán redondelán pecha o ano en positivo

SARGranitos_n

Todos os equipos locais de máxima categoría puntuaron na última xornda do ano. Vitorias para os equipos de Primeira Nacional, ao impoñerse Plastic Omnium e Rodosa Chapela ao Granitos Ibéricos e Vecindario, respectivamente. A SAR Rodavigo de Honra Prata feminina empatou en terras leonesas ante o Palencia Turismo.

División Honra Prata Feminina

P.Turismo 23-23 SAR Rodavigo

No encontro podemos diferenciar dous tempos. A primeira parte foi claramente para o equipo local, alcanzando rendas de 6 goles. Na segunda parte as de “Chini” conseguiron cambiar a dinámica do marcador, acurtando aos poucos as diferenzas. A pesar do gran arreón, non conseguiron culminar a remontada e o partido acabou en táboas (23-23). Co punto conseguido sumanos 8, o que as coloca na 9ª posición da clasificación. Pero aínda non foi o último partido do ano para o equipo, o día 27 de decembro, o equipo desprazarase a Meaño para disputar os minutos restantes que foron aprazados no seu día.

Primeira Nacional

Granitos I. Carballal 20-21 SAR Plastic Omnium

O equipo de Pablo Muiños despediu o ano da mellor maneira posible. O partido desenvolveuse sempre co equipo local mandando no marcador. Só foi nos últimos 5 minutos onde a SAR conseguiu adiantalos. Vitoria moi sufrida e dous puntos importantísimos. Agora vén o parón do Nadal. O próximo encontro do equipo será en Tenerife, onde os espera o BM Tejina, partido aprazado da xornada 8.

Vecindario 25-35 Rodosa Chapela

Gran vitoria do Rodosa, que malia viaxar a Canarias con moitas baixas fixo un partido espectacular, tanto en defensa como en ataque.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará