O grupo atopábanse nun comedor interior sen máscaras e sen cumprir as medidas de seguridade cando foron sorprendidos polos axentes.
A Policía Local de Redondela descubriu este mediodía a dezaseis persoas xantando no interior dun establecemento de hostalería do municipio. Os comensais atopábanse nun comedor interior do establecemento, o que está prohibido no concello de Redondela ao atoparse no máximo nivel de restricións decretado pola Xunta, que só permite agrupacións de ata catro persoas e consumir no exterior dos locais, que ademais non poden ter dispoñible máis da metade da súa capacidade.
Os axentes procederon a desaloxar e pechar o establecemento e propuxeron para sanción tanto ás persoas que se atopaban comendo como aos responsables do local de hostalería.