As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Nadal con actividades retransmitidas telemáticamente a través das súas redes sociais realizadas pola compañía ContAz, coa lingua de signos como protagonista. Logo do éxito da pasada semana coa obra “Perdido”, esta semana é a quenda do conto “A maleta”. Está baseado nun álbum ilustrado do autor Chris Naylor-Ballesteros. Unha historia tenra sobre a amizade, a inclusión e a aceptación do diferente. Mañá martes 29 de decembro, ás 12:30 h. en directo a través do Facebook das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Unha actividade que se realiza grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso, que quere deste xeito difundir unha actividade que reflexiona sobre a inclusión e a diversidade, ao tempo que festexar o Nadal nun espazo de seguridade frente ao Covid-19.