No pleno do Concello de Soutomaior, que se realizou onte de xeito telemático, abordouse a modificación puntual do PXOM para a ampliación do centro de saúde de Arcade. A este respecto o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que o que propón o Partido Popular é a modificación puntual do PXOM “para que amplien o centro de saúde sen construír nin unha soa praza de aparcamento nun lugar onde hai sempre problemas para aparcar”. Sinala que a ampliación “non é máis que unha nova cortina da fume para tapar o verdadeiro problema da sanidade de Soutomaior que é “a falta de médicos e dun centro de saúde que vertebre a atención sanitaria para toda a veciñanza”. Manu Lourenzo destacou que Soutomaior precisa dun novo centro de saúde “que estea dotado de máis médicos e dea servizo tanto a Arcade como a Soutomaior”.
Enmendas aos Orzamentos
Lourenzo sinalou que o dende o BNG veñen de rexistrar unhas enmendas ao orzamento da Xunta na que piden a construción dun novo centro de saúde e que se dote a Soutomaior “dos médicos que precisa a veciñanza”.