Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior proxecta un novo Centro de Saúde na zona de Salgueirón

Salgueiron36

O alcalde, Agustín Reguera, explica que o Concello “leva tempo buscando unha solución ao estado da sanidade no municipio e a estratexia do goberno local pasa por un novo centro de saúde situado na zona de Salgueirón”. O novo centro substituiría aos dous ambulatorios actuais, en Arcade e Soutomaior, e tería capacidade suficiente para acoller a novos médicos “para aliviar a situación da atención sanitaria no municipio”.

A proposta xa foi realizada polo conselleiro anterior, Xesús Vázquez Almuiña, a principios do ano pasado, e novamente transmitida ao actual, Julio García Comesaña, cando accedeu ao cargo. “Unha proposta que o mesmo conselleiro mencionou hai pouco no parlamento galego respondendo a unha pregunta do BNG”, lembrou Reguera. Segundo planea o Concello, o novo centro de saúde situaríase preto da área deportiva de Salgueirón e do novo instituto “para aproveitar a gran cantidade de prazas de aparcadoiro dispoñibles e polo seu fácil acceso para os veciños de Arcade e Soutomaior”.

Do mesmo xeito, Reguera destacou que a localización do novo ambulatorio tamén ten está motivada como unha medida urbanística” para facilitar a integración dos dous núcleos de poboación do municipio”. Na zona construiuse recentemente o novo instituto, con beirarrúas e sendas peonís, existe un parque infantil e dúas áreas deportivas, en Salgueirón e Montesiña, ademais do cemiterio e o tanatorio. Deste xeito o goberno local pretende “unir máis Arcade e Soutomaior”.

Modificación do PXOM

Paralelamente á solicitude dun novo ambulatorio na zona de Salgueirón, o Concello seguiu cos trámites iniciados pola Xunta de Galicia ante a posible ampliación do actual centro de Saúde de Arcade coa aprobación do pleno municipal da modificación necesaria no plan urbanístico. Un paso imprescindible para que o Sergas poida dotar de máis superficie útil ao centro de saúde actual. Desde o grupo municipal do BNG cualifican esta ampliación de “cortina de fume”. O grupo nacionalista xa rexistrou enmendas ao orzamento da Xunta onde piden a construción dun novo centro de saúde e que se dote a Soutomaior “dos médicos que precisa a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará