Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reabre o Skatepark e a pista da Xunqueira

skatepark_n

O Concello está desde onte mércores no nivel medio-alto de restricións, segundo os rangos que establece a Consellería de Sanidade. A mellora da situación sanitaria permite rebaixar o nivel de restriccións e o Concello decidiu reabrir a pista da Xunqueira e o Skatepark, que permanecían pechados ao público desde o pasado 20 de novembro. Naquel momento eran 111 os casos activos de coronavirus en Redondela, e as dúas pistas deportivas pecháronse seguindo as recomendacións sanitarias para evitar contactos entre a mocidade. A día de hoxe a cifra de contaxios de Covid-19 rebaixouse a 64, segundo os últimos datos do Servizo Galego de Saúde. A situación permitiu a Redondela volver ao peche perimetral que inclúe a “améndoa de Vigo”, o que permite a mobilidade pola cidade olívica e tamén polos municipios de Mos, O Porriño, Nigrán e Gondomar. O Concello de Redondela está a realizar tamén as xestións para a próxima apertura das pistas de pádel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará