Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A “burla” da peaxe Redondela-Vigo

PEAXE

“Insulto, animalada e tomadura de pelo” son algúns dos calificativos que empregan os usuarios da autoestrada logo de que Audasa, a concesionaria da AP-9, subise o prezo da peaxe entre Redondela e Vigo o pasado 1 de xaneiro. Lonxe de liberalizarse este tramo, tal como estaba comprometido tanto polo actual goberno central como polo anterior, a tarifa sobe e pasa dos 0,95 céntimos a 1 euro. Un incremento de máis do 5% e que supera por moito a suba xeneralizada na Autoestrada do Atlántico, que é do 0,92%. Un “insulto para os veciños” segundo o presidente do colectivo, Marcial Pérez, xa que outros usuarios que fan un traxecto máis longo, entre Vigo e O Morrazo, gozan desde hai anos de gratuidade.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

O goberno de Pedro Sánchez anunciara o pasado mes de outubro que se eliminaría a peaxe deste tramo, unha supresión vencellada á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para este 2021, que xa tiveron luv verde do Congreso e do Senado o mes pasado.

Para o presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez, o peor é o “trato discriminatorio” cos veciños de Chapela, xa que se trata “da única circunvalación de Vigo e de Galicia que é de pago”, e que mesmo é parte dun traxecto máis longo ata Moaña que é de balde. Unha situación que “non ten sentido” e que siguen a padecer os veciños de Chapela e Redondela.

Fartos das promesas incumpridas do goberno actual e dos anteriores, Pérez anuncia a posta en marcha dun calendario de mobilizacións “se a supresión da peaxe non se fai realidade de inmediato”. Advirte que, coas limitacións as que obriga a situación sanitaria pola Covid-19, emprenderán accións de protesta, e insta á veciñanza “a participar e mobilizarse”.

Hai anos que colectivos veciñais e sociais, empresarios e partidos políticos de distinta cor reclaman a eliminación desta peaxe que consideran “inxusta e discriminatoria”.

O PP esixe a supresión inmediata da peaxe

O deputado nacional do PP e ex alcalde Javier Bas esixe tamén ao Goberno central que libere “de xeito inmediato” a peaxe de Redondela, “e execute o compromiso que deixou o Goberno de Mariano Rajoy para levantar a peaxe desde 2018”. Advirte que levan “máis de dous anos de retraso” e que “non só o incumpren senón que ademais incrementan as tarifas”. Na mesma liña se pronuncia a voceira local do PP de Redondela, Carmen Amoedo, que critica ao PSOE “por ser incapaz de defender os intereses da provincia en Madrid, e tamén ao Goberno local de Redondela, porque consinte este insulto aos redondeláns”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará