Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A feira volve a Redondela por Reis

feira

Logo de dous meses sen que os feirantes puidesen establecer os seus postos na vila dos Viadutos, regresarán para a que é a feira máis importante do ano, o seis de xaneiro. O farán nun espazo máis grande, toda a Avenida Mediño, e cun protocolo estrito de seguridade para garantir o cumprimento das medidas anticovid. Membros de Protección Civil e da Policía Local velarán para que todo se desenvolva con normalidade. Dende o Concello fan un chamamento á responsabilidade xa que estamos “nun momento moi delicado no que se está a rexistrar un rebrote da pandemia”.

Dende o mes de outubro a evolución da pandemia no noso municipio, situado en nivel máximo de alerta ata finais de decembro, impediu que houbese feira, pero a posibilidade de contar cun espazo máis grande, ante o peche dos centros educativos polas vacacións de Nadal, permitirá que se celebre a feira de maior relevancia do ano, que é “un factor importante para a reactivación da economía local”.

A principal novidade, será a distribución dos postos que ocuparán toda a extensión da Avenida Mendiño, o que obrigará a cortar o tráfico. Unha medida, que segundo explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, “permitirá a colocación da totalidade dos postos do mercado” mantendo entre eles as distancias de seguridade que marca a normativa anticovid”. Habilitaranse itinerarios alternativos para o tráfico de vehículos que estarán sinalizados.

Vicente Lamas, concelleiro de Feiras e Mercados

A Policía Local e Protección Civil vixiarán o cumprimento das normas sanitarias no que fai referencia ao uso obrigatorio de máscaras e ao mantemento das distancias mínimas de seguridade. Amais, estableceranse rutas de entrada e saída no recinto para evitar tanto aglomeracións como cruces innecesarios de persoas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fai unha chamamento ao cumprimento das medidas e indicacións de seguridade, xa que “estamos nun momento moi delicado desta crise sanitaria” xa que segundo os datos da Consellería de Sanidade, en cinco días, Galicia pasou dos 5.625 casos activos aos 5.905 deste luns. Datos, engade a alcaldesa, “ máis que preocupantes e que obrigan, máis ca nunca, a actuar con responsabilidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará