Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sal para evitar placas de xeo nas estradas de Redondela

EstradaSEISjpg

Os Reis Magos chegan acompañados dun frío polar intenso que se está a deixar sentir no interior de Galicia, e que tamén deixa no litoral temperaturas baixo cero. E a situación continuará ao longo de toda esta semana, con termómetros rexistrando mínimas que en Redondela oscilarán entre os 0º e os -2º C, mentres que as máximas non pasarán dos 8º C. Unha situación que obriga aos servizos de emerxencias a extremar as precaucións nas estradas, especialmente en zonas sombrías e con pendientes. En diferentes puntos das parroquias de Redondela o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios) traballa para esparexer sal e evitar as perigosas placas de xeo, que poden ser causa de accidentes. Os traballaos realízanse en estradas de zonas como A Formiga, o Camiño do Cristo, en Rande, no camiño do Galleiro, en Vilar, no Alto dos Valos e en diferentes puntos de Reboreda, Santo Paio de Abaixo ou o camiño Casanova, entre outros.

Redondela, igual que case toda Galicia, gozará mañá dun día de Reis asollado e moi frío, seco e con xeadas. A Axencia Estatal de Meteoroloxía advirte que o ambiente moi frío “de pleno inverno” continuará sendo a nota predominante ao longo desta semana tanto de día como de noite, con xeadas xeneralizadas. O motivo deste frío polar obedece, segundo a Aemet, a unha borrasca situada en Italia que, unida a un anticiclón instalado preto das Illas Británicas, xeran “un corredor” que favorece a chegada dunha masa de aire frío a través do continente Europeo e dá lugar a outras borrascas atlánticas entre a Península e Canarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará