A Policía Local de Redondela, xunto co departamento de Medio Ambiente do Concello, pechou o ano 2020 con máis de 50 expedientes tramitados por vehículos que se atopaban abandonados na vía pública ou no depósito da Policía Local. Actualmente hai outros 11 expedientes á espera da súa publicación no BOE, ao non ser localizados os seus propietarios. Dende a Policia Local convidan á veciñanza a colaborar na retirada de vehículos que poidan estar abandonados, o que redundará nunha mellora do Medio Ambiente. No caso de detectar algún coche nestas circunstancias poden poñelo en coñecemento dos axentes a través da páxina de Facebook da Policía Local de Redondela, por mensaxe privada, achegando a dirección na que se atopa o vehículo e unha fotografía. Tamén poden dirixirse á propia comisaría no Paseo Pexegueiro, ou a través do teléfono 986 40 26 10.