A deputada Alexandra Fernández explicou a emenda aos Orzamentos de Xunta aos representantes da Confraría e Asociación de Mariscadoras. O voceiro municipal Xoán Carlos González sinala que o proxecto de Portos de Galicia, que limita a pilotaxe aos últimos metros do peirao “só beneficia ás navieiras que fan as viaxes á Illa de San Simón e non dá solución aos problemas de mariñeiros e mariscadoras de Redondela”.
No encontro, que se celebrou no propio peirao redondelán, a deputada nacionalista explicou que ademáis de demandar un millón e medio de euros para a pilotaxe de todo o Peirao van presentar diversas iniciativas “poñer enriba da mesa a viabilidade desta infraestructura”. Unha cuestión na que incide tamén o concelleiro redondelán.Portos de Galiza presentou un proxecto de remodelación parcial do peirao en plena “que non conta co apoio nin de mariñeiros nin mariscadores e mariscadoras”. A proposta recolle a construcción dun treito final do Peirao “co obxectivo de dar exclusivamente servizo ás navieras que realizan actividades en San Simón, e non se tén en conta a pilotaxe dos primeiros 200 metros que serían os que prestarían servizo ás embarcacións de pesca tradicional”. González advirte tamén que a reforma completa pilotando todo o peirao é necearia tamén “para facilitar a rexeneración do areal de Cesantes”.
Xoán Carlos González fixo referenza ás emendas presentadas para Redondela. Melloras na seguridade viaria na estrada que une a vila con Amoedo, ao seu paso por Reboreda; vivendas sociais, a recuperación do Cargadoiro Cotto Wagner; cubrir os patios dos centros educativos ou melloras no CAPD de Chapela, entre outras cuestións
As peticións do BNG pasan tamén pola dotación de máis persoal nos Centros de Saúde de Redondela e Chapela. En total, ao redor de 6 millóns de euros no total das emendas, que o bloque considera necesarios “para dar resposta ás necesidade do concello”.