Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela entra no nivel máximo de restricións

MAPA

O Concello de Redondela é un dos municipios galegos que entra no nivel máximo de restricións, con peche perimetral individual. O interior da hostalería estará pechada e só se poderá atender nas terrazas ata as 18:00, aínda que a entrega a domicilio é sen límite. As medidas entrarán en vigor este venres e estarán vixentes, polo menos, durante todo o mes de xaneiro.

Galicia está inmersa de cheo na terceira onda do coronavirus, os casos disparáronse tras as celebracións de Nadal, e para evitar o colapso do sistema sanitario a Xunta endureceu as medidas para atallar a pandemia. Adiántase o toque de queda ás 22.00 horas en toda a comunidade. Entran en nivel máximo de restricións 60 municipios, como é o caso de Redondela, onde os peches perimetrais pasan a ser individuais. As reunións, tanto en espazos públicos como privados, deben ser dun máximo de catro persoas non convivientes, malia que a Xunta recomenda restrinxir “ao máximo” toda interacción social.

Con carácter xeral, toda Galicia pasa como mínimo ao nivel medio-alto de alerta, o segundo máis duro. A mobilidade está permitida entre os concellos neste grao, como Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. No caso da cidade de Vigo, tamén en nivel medio-alto, o peche é individual, como no resto de cidades galegas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, detallou este mediodía estas novas restricións contra a pandemia acordadas onte á noite. O comité clínico que asesora á Xunta propuxo que todos os municipios galegos se sitúen nos dous niveis de alerta máis altos. Os datos son preocupantes, cun cremento acelerado de casos. Galicia supera os 9.000 casos activos e bate récord con máis de 1.000 contaxios nun día.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará