A pandemia non pode coa lusión e as gañas de axudar do Grupo Casa Paco 81. Malia que este ano non poden competir por mor da crise sanitaria da Covid-19, e tampouco organizaron o torneo de Nadal, o club de fútbol fixo igualmente a recollida solidaria de alimentos. As doazóns da veciñanza recolléronse na “Tenda recordo” que o club abreu durante as festas na rúa Meixón Frío. O presidente da entidade, Manuel Conde, amosouse moi agradecido cos veciños de Redondela “que demostraron unha vez máis a súa solidariedade nestes momentos tan complicados para moitas familias”.
Conseguiron reunir máis de 300 quilos de alimentos non perecedoiros, que foron entregados a Cáritas-Redondela. Esta organización será a encargada de distribuir os produtos entre as familias do municipio que o necesiten.