Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha parella redondelá investigada por facer compras “on line” con tarxetas roubadas

tarjeta

O valor do estafado ascende a 3.000 euros. Un deles, traballador da limpeza nunha empresa de Vilaboa, tería roubado polo menos catro tarxetas dos vestiarios coas que fixo compras en Internet, a través do móbil da súa parella, empregando un nome falso.

A Garda Civil investiga a unha parella, veciños de Redondela, como supostos autores dun delito de estafa, por facer compras “on line” fraudulentas que pagaban con tarxetas bancarias roubadas, por valor duns 3.000 euros.

As pescudas comezaron cando un veciño de Moaña denunciou que recibira a notificación dunha compra en internet que el no fixera. Investigando a contorna laboral do estafado, os axentes descubriuse que outros cinco compañeiros de traballo lles acontecera o mesmo. Así, a Garda Civil descubriu que un empregado da limpeza da empresa, localizada en Vilaboa, accedera aos vestiarios e subtraera, polo menos, as tarxetas de catro persoas, coas que logo faría as compras.

O presunto estafador realizaba esas compras a través do teléfono móbil da súa parella e recibíanas no seu domicilio de Redondela, aínda que a nome doutra persoa, para encubrir as súas identidades.

Ambos están a ser investigados por un suposto delito de estafa, outro de furto e por usurpación de identidade. As dilixencias practicadas foron entregadas no xulgado de instrución de Cangas, onde deberán comparecer os sospeitosos cando sexan citados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará