Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco recupera a senda da vitoria ante o Ribadumia

ChocoRibadumia

Terceira División

Choco 3-1 Ribadumia

Partido de infarto o vivido onte en Santa Mariña. Chegaban a esta xornada os choqueiros e os do CD Ribadumia empatados a puntos e deste encontro dependía pasar unha semana tranquila nos posto altos da táboa ou sufrida na parte baixa. Comezaba o encontro cun tanteo inicial típico de todolos partidos para facerse co control do esférico o bloque redondelá xa deixaba mostras de que quería os 3 puntos. De feito sería Davo quen o intentaría nos comezos, exactamente no minuto 6 pero cun tiro débil que non atinou a entrar na rede rival. O Choco, moi metido no partido, intentaba crear ocasións con chegadas a área do Ribadumia pero sin a penas perigo. O Ribadumia chegaba menos pero con máis perigo á portería de Cortegoso. No minuto 35 chegou o primeiro gol para o Ribadumia, nunha contra na que Monchito nun cara a cara con Cortegoso fixo o tanto. E mesmo tiveron ocasión de ampliar o marcador antes do descanso, malia que nesta ocasión o porteiro do Choco salvou o lanzamento de Charles. Tralo paso por vestiarios, no minuto 50, Comis marcaría o empate tras un pase á área que rematou con contundencia. Co 1-1 o partido gañou intensidade, cos dous equipos buscando os tres puntos. E xa no 57 chegou o segondo gol redondelán, cun tanto de Samu de cabeza. Logo as ocasións se sucedían para ambos bloques e o susto quedaría no corpo tras un tanto do Ribadumia anulado por fóra de xogo. Houbo que agardar ata o minuto 92 para certificar o triunfo, cun gol de Guille.

Os tres puntos deixan ao Choco no 5º posto, na próxima xornada visita o campo do líder, o Arenteiro.

Xuvenil División de Honra

Val Miñor 4-0 Choco

Ao descanso do partido o marcador xa ía 2-0 a favor dos anfitrións, cun Val Miñor superior no terreo de xogo. Tras o tempo de recreo, o CD Choco parece que saíu con máis empuxe e gañas pero eran incapaces de crear ocasións que lles permitisen acurtar distancias. O terceiro gol tras un centro ao segundo pau, sentenciaría un encontro que xa se lles puxo moi costa arriba aos de Alberto Suárez desde os inicios. Pouco despois e para pechar o encontro chegaría un cuarto gol dando pois a vitoria ao ED Val Miñor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará