Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A contratación irregular de auxiliares de policía deixa no aire as multas en Soutomaior

Soutomaior

Durante o segundo semestre de 2019 o Concello de Soutomaior non contaba con ningún axente da Policía Local no seu cadro de persoal, ben por motivos de excedencia ou xubilación, e tan só auxiliares prestaban servizo. Así o denuncian desde o BNG de Soutomaior cando o Concello de Soutomaior acaba de ser condenado por dúas sentenzas, unha do Xulgado do Social número 2 de Vigo e outra do Xulgado do Social número 1 de Vigo polos contratos que realizou a auxiliares de policía. O concelleiro Manu Lourenzo sinala que desde a formación nacionalista xa advertiran destas irregularidades “e o goberno local seguiu tramitando contratos que incumprían os requisitos legais imprescindibles para a contratación”. As sentenzas obrigan a readmitir aos traballadores, que xa se reincorporaron aos seus postos, “e o Concello terá que pagar o soldo destes meses e as costas no proceso xudicial”. Ademais, como a situación destes auxiliares era “ilegal” dende o Concello non podían tramitar as multas, explica Lourenzo, polo que o trámite de varias destas sancións “realizouse presuntamente con números de axentes que en ocasións levaban anos fóra do Concello, empregando identificacións falsas para tramitar multas que doutro xeito non poderían ser cobradas”. Desde o BNG esixen esixen explicacións ao goberno local xa que esta situación “deixou ao descuberto multas que se tramitaban en Soutomaior sen haber ningún axente de servizo, algo absolutamente ilegal”. A normativa establece que os auxiliares de policía tan só poden facer labores de apoio aos axentes “pero carecen de autoridade para interpoñer unha sanción”. Isto supón que as multas tramitadas entre xullo e decembro de 2019 poderían ser anuladas. Lourenzo advirte que, de confirmarse estas prácticas “poderían ser constitutivas de delitos moi graves como prevaricación, falsidade en documento público, ou suplantación de identidade”. O BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para esclarecer esta situación que se celebrará mañá mércores, ás 9.15 da mañá, de xeito telemático.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará