Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello arremete contra a Xunta por non ter en conta as melloras aportadas para as obras da PO-250

estrada 250

A alcaldesa, Digna Rivas, lamenta que os responsables autonómicos incumprisen o acordo de manter unha reunión previa ao inicio das obras na estrada que une Redondela e Pazos de Borbén e “preferisen visitalas acompañados do exalcalde e concelleiros do PP”.

Dende o Goberno local advirten que as obras que se están a realizar na PO-250 “non resolven os graves problemas que ten esta estrada e se perde a oportunidade de facer unha reforma de calado”. Temen que o inicio dos traballos, sen ter en conta as achegas feitas polo Concello para o treito incluído no casco urbano, supoña “desaproveitar unha extraordinaria oportunidade para solucionar, definitivamente, os graves problemas de seguridade viaria que reviste esa estrada tanto para os e as viandantes coma para os vehículos”.

Melloras entre as que se recolle o estado do firme, que segundo sinala o Concello nun informe técnico remitido á Xunta en maio de 2020, o seu mal estado supón “un problema grave para unha estrada que rexistra un enorme volume de circulación de vehículos lixeiros e tráfico pesado”. Tamén se subliña a necesidade “urxente” de mellorar a seguridade viaria e se dá conta da “perigosidade” que reviste esa vía para os peóns que, pese á alta densidade de tráfico ten “beirarrúas que, nalgúns treitos, apenas acadan os 90 cm”.

O Concello tamén enviaba escritos no mes de outubro e novembro con actuacións concretas como a creación dunha zona segura de velocidade máxima de 20 km/h amais da instalación de pasos de peóns elevados, sinalización lumínica e mellora da sinalización tanto horizontal como vertical. Tamén se facía fincapé na existencia de un muro semiderrubado “que supuña un perigo para a integridade dos viandantes”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, critica que os traballos comezasen hai unha semana, sen que se producise, tal e como acordaran previamente, unha reunión para estudar as melloras propostas polo Goberno local e que non se informase sobre a actuación que se van a acometer. A rexedora redondelá, tamén acusa á Administración Autonómica de deslealdade institucional por acudir ao acto de inicio das obras acompañados polo exalcalde e concelleiros do PP sen avisar ao Concello nin á Alcaldía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará