Malia que os rapaces comezaran os adestramentos este mesmo luns no pavillón de Reboreda, a directiva do Casa Paco viuse na obriga de paralos poucos días despois por mor das novas restricións da Xunta que entraron en vigor este xoves. Unhas limitacións que, ademais da suspensión das competicións deportivas federadas a nivel autonómico, tamén recolle novidades para os adestramentos que teñen que ser individuais ou cun máximo de 4 persoas. Tamén deben axustarse ao toque de queda e ao peche perimetral de cada concello.
Ante esta situación, a directiva do club Casa Paco 81 informa ás nais e pais que os adestramentos suspéndense mentres estean vixentes estas novas restricións.