Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un empresario de Cepeda nega as ameazas denunciadas polo edil de Alternativa Veciñal

vertidos

O concelleiro de Alternativa Veciñal de Pazos, Luciano Otero, fixo pública unha denuncia contra un empresario da localidade tras recibir supostas ameazas. Ernesto Rivas, propietario da empresa Reciplascar Rivas S.L. situada en Cepeda, advirte que aínda non foi chamado a declarar polo xuíz, e que a súa situación legal actual é a de “investigado”. Asegura o empresario que tan só se dirixiu a Otero “para pedirlle explicacións” despois de que o concelleiro denunciase a acumulación de residuos nesta empresa de Cepeda, ata convertela nun “vertedoiro”. Rivas afirma que non cometeu ningunha “irregularidade” na súa empresa, e di ser vítima “dun enfrontamento político entre goberno local e oposición”. Luciano Otero acusa ao Concello de “conivencia” co empresario, xa que leva anos acumulando na parcela grandes cantidades de palés de madeira, plásticos e chatarra “que se espallan sen control” e malia os requirimentos de Alternativa Veciñal “o goberno local non fai nada”, lamenta o concelleiro. Por outra banda, a Comunidade de Montes de Cepeda estuda se uns terreos da súa propiedade, que foron cedidos ao Concello para o torreiro de festas, están a ser utilizados por este empresario para depositar residuos. A directiva dos comuneiros xa solicitou ao Concello a documentación que acredita a propiedade, e o período de tempo desta cesión. A acumulación de residuos provoca malestar entre a veciñanza, e malia que “non se presentou ningunha denuncia formal” como asegura o empresario, si se teñen manifestado queixas en reiteradas ocasións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará