Terceira Nacional
Arenteiro 1-0 Choco
Os de Gonza mereceron moito máis ante o Arenteiro. Un único gol no minuto 9 deulle os 3 puntos ao Arenteiro. Entrementes o CD Choco buscaba o tanto dende os primeiros minutos do partido pero non foron quenes de estrear a súa conta persoal. Comenzaba o partido co tanteo inicial típico de todos os encontros nunha pugna por ver quen termiñaba por levar a iniciativa do encontro. E neste vaivén chegaría o primeiro tanto do encontro firmado por Sylla. A partir do gol, o CD Choco foi facéndose co dominio do encontro xerando ocasións de gol que non terminarían por materializar.
Na segunda parte a tónica da primeira repetíase. Un Choco ambicioso ansiaba un gol que non chegaba a pesar das ocasións xeradas. Chegaban tamén os cambios no cadro redondelá o que aportou ao equipo máis rapidez no ataque o que propiciou unha continua imbestida na portería local. Pola contra o Cd Arenteiro tería só unha ocasión clara nestes 45 minutos, na que a madeira salvou ao CD Choco dun segundo tanto. Un partido no que nos derradeiros intres creceu en intensidade. No banquillo local palpábase o nerviosismo pois era clara a superioridade redondelá. Mais ao final a recompensa quedou en A Regueiriña e os tres puntos para o líder, o CD Arenteiro.