Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os maiores redondeláns disporán dun teléfono de atención para facilitar o autoconfinamento

telefono

Evitar desprazamentos innecesarios dos maiores e persoas dependentes para mercar produtos de primeira necesidade é o obxectivo deste servizo de atención telefónica que pon en marcha o concello de Redondela, que tamén vai dirixido aos contaxiados pola COVID-19 que vivan sós. As persoas que precisen desta axuda deben chamar ao 986 40 17 13, en horario de 9 a 14 horas ou de 16 a 21 horas de luns a domingo. O servizo estará coordinado polo Departamento de Servizos Sociais.

Ante a grave situación que estamos a vivir, cun incremento constante do número de contaxios, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que é unha “obriga protexer á poboación máis vulnerable e, evitar que teñan que desprazarse para mercar produtos de alimentación ou de farmacia”. Evitando así posibles contaxios e favorecendo o autoconfinamento.

Un servizo que vai dirixido, especialmente, a dependentes, afectados pola COVID-19 que vivan sós e maiores, para reducir ao mínimo os desprazamentos, favorecer que queden na casa e evitar posibles riscos. Para iso facilitaráselle a compra de produtos de primeira necesidade e outras xestións que precisen e requiran saír da vivenda.

O Servizo de Teléfono para Persoas Maiores é unha das ferramentas que o Concello de Redondela habilita para tentar poñerlle freo á expansión da COVID. Dende o goberno local fan un chamamento á “responsabilidade individual e ao cumprimento estrito das normas sanitarias ditadas pola administracións autonómica e estatal, como mellor arma para evitar os contaxios e iniciar o camiño de volta á normalidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará